Esta fin de semana comeza a porse en marcha un novo comezo de tempada correspondente as Escolas Galegas de Marcha (ESGAMAR) baixo a dirección de Carlos Morales e o acompañamento na parcela técnica de José Antonio Pardal entre outros técnicos. Será en concreto o domingo día once as 11.00 horas no paseo das illas das Esculturas de Pontevedra onde comezará a primeira sesión de adestramento que estará aberta a todos cantos desexen participar.
Da mesma maneira deu comezo o contacto con clubes e núcleos para a promoción desta especialidade e cuio obxectivo ambicioso pasa por asesorar, cooperar e axudar a todos cantos clubes e adestradores o soliciten. Téntase desta meneira crear un tecido de marcha por toda a nosa comunidade que teña como logro a formación de adestradores así como a a incorporación de novos marchadores ao noso atletismo, (correo de contacto: carlosgangasmorales@gmail.com)
Lembramos que este proxecto leva funcionando varias tempadas sempre baixo a colaboración e a subvención da Deputación de Pontevedra. Entre os logros acadados polo ESGAMAR se atopa a consecución dun numeroso número de medallas en campionatos nacionáis así como a internacionalidade de varios dos marchadores formados sendo os máis recentes Fran Durán, Carmen Escariz ou os irmáns Daniel e Antía Chamosa.