Pedro Osorio, convocado a unha concentración da RFEA

A RFEA desenvolvendo o Programa Nacional de Tecnificación Deportiva convocada polo Consello Superior de Deportes, organizará (logo do informe favorable dos responsables de sector) unha concentración de seguimento dos atletas máis talentosos a nivel nacional.

En concreto nesta concentración que se desenvolverá na Residencia Joaquín Blume de Madrid do 30 de setembro ao 02 de outubro, está convocado o atleta do Ria Ferrol-Concepción Arenal Pedro Osorio López o cal tomará parte no sector de medio fondo.

Lembramos que este xoven valor do Ria Ferrol adestrado por Tomás Manuel Pérez, acadaría este ano o subcampionato de España xuvenil nos 800 m.l. ocupando da mesma maneira a cuarta posición no ranking nacional da súa categoria con 1.53.36. De igual modo, xa o ano pasado dera mostras da súa calidade ao proclamarse en Valladolid campión de España cadete nos 1.000 m.

CURRICULUM

CIRCULAR 184/2016

Compartir: