Recepción oficial do Presidente da Xunta ós Olímpicos Galegos

No dia de hoxe o Presidente da Xunta de Galicia Alberto Nuñez Feijoo, recibiría en acto oficial de recepción ós olímpicos galegos que tomaron parte nos recentemente rematados Xogos Olímpicos de Rio.

No acto que se desenvolvería en Santiago, o máximo mandatario trasladaría en nome do Goberno Galego a felicitación e recoñocemento ós deportistas galegos pola súa participación e éxito acadado na capìtal brasileira, facéndoa extensible do mesmo modo, ós técnicos e presidentes federativos dos deportes representados que tamén estarían presentes no acto.

O noso deporte estaría presente da man dos nosos dous olímpicos Jean Marie Okutu e Farnk Casañas que estarían acompañados tanto polos seus técnicos, como polo Presidente da Federación Galega de Atletismo Isidoro Hornillos.

Compartir: