Resultados

Plato forte inaugural cos nosos dous representantes en compitición

Por fin no dia de hoxe dará comezo o programa de probas atléticas que durante seis dias terá como epicentro o Estadio Olímpico Joao Avelange convertíndose no punto de atención de millóns de persoas por todo o planeta.

O equipo olímpico español debutará nesta primeira xornada facendoo ademáis da man dos nosos dous representantes. En concreto será o concurso de disco o encargado de inaugurar as probas e no que poderemos ver encadrado no grupo B ao noso lanzador Frank Casañas (15.55 hora galega) afrontando os seus nada menos que quintos Xogos ca ilusión e as gañas que da a veteranía e a madurede deportiva.

Por si foura pouco para esta primeira xornada, saltará ao foso de lonxitude Jean Marie Okutu (02.20 horas) que tomará parte por vez primeira nunha cita olímpica logo de rexistrar in extremis esos fantásticos 8.17 m. que lle permitiron viaxar ata Rio facendo xustiza ao traballo de moitos anos

O obxectivo de ambos pasa por estar na loita por acadar ese pase a final que en ambos concursos se desenvolverá mañá sábado dia 13.

Participantes en disco

Particpantes en lonxitude

Compartir: