Seguindo co especial que estamos adicando aos galegos que tomaron parte nuns Xogos, continuamos co último dos grandes catrocentistas olímpicos que deu o noso atletismo.
Isidoro Hornillos Baz (Castronuño, 1957) é ao igual que moitos outros un galego de adopción que chegaría ben cedo do seu Valladolid natal. Na súa época de estudante na Universidad Laboral destacaría nas probas de velocidade non pasando desapercibido todo elo ós ollos de Julio Bravo que o acabaría levando a Residencia Blume de Madrid.
Xa no na capital do Estado formaríase técnica e fisicamente como velocista chegando ao ano 1979 na que despegaría definitivamente acadando o récord de España dos 400 m.l. con 46.24 asi como os campionatos nacionáis tanto de aire libre coma de pista cuberta.
Un ano máis tarde chegaría a gran recompensa ca súa selección para os Xogos olimpicos. Na capital Soviética competiría na proba dos 400 m.l. na que quedaría sexto na oitava serie con 47.45. De igual modo tomaría parte no relevo 4×400 m. ocupando a sexta posición da súa serie con 3.06.9.
Nos Xogos de Los Angeles-84 e cando todo parecia telo ao seu favor, un martelo descontrolado impactaría co seu pe privándolle de toda opción olímpica. Malia elo ainda tería tempo de encarar a súa carreira por mor das lesións cara os 100 m.l. onde chegaría no ano 1986 a establecer un rexistro de 10.55.
Isidoro Hornillos acadaría a internacionalidade en 27 ocasións sendo tres veces campión de España absoluto. A nivel profesioal centraríase no ensino que o levaría a ser profesor universitario da asignatura de Atletismo na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física. Da mesma maneira dende o ano 1988 ocuparía diversos cargos técnicos a nivel federativo que o farían pasar dende a Dirección Técnica ata a Presidencia da Federación Galega cargo que ocupa dende o 2006. Arestora é candidato a presidir a Real Federación Española de Atletismo cuias eleccións desenvolveránse o 26 Novembro deste mesmo ano.
Xogos | Proba | Marca | Posto |
Moscú-80 |
400 m. |
47.45 |
6º na 8ª elim. |
Moscú-80 |
4×400 |
3.06.9 | 6º na 1ª semf. |
Un espacio para la Historia: Isidoro Hornillos (Emilio Navaza)