Malia que nesta edición de Rio non se conte ca presenza de ningunha persoa do Comité Galego de Xuices actuando na gran cita olímpica, si está a tomar parte un dos seus membros en calidade de voluntario. En concreto trátase de Miguel Angel Gallego Valiña xuiz nacional de A Coruña e residente na actualidade en Bruselas onde desenvolve a súa actividade profesioal no Parlamento Europeo e demáis organizacións Comunitarias. Malia elo, segue vencellado ao CGX cando as súas obrigas asi llo permiten.
A súa selección coma voluntario para os Xogos produciríase grazas ao seu coñocemento do galego, español, inglés e alemán, motivo polo cal se lle ten asignado un posto no Estadio Olímpico, desde onde poderá seguir de maneira directa o desenvolvemento das probas e estar en contacto con atletas e oficiáis de atletismo.