Resultados

VI. José Luis Martínez, o primeiro dos grandes lanzadores galegos

José Luis Martínez (León,1943-Madid, 2004) pode ser considerado coma o primeiro gran lanzador galego olímpico e un dos estandartes visibles do atletismo lucense que da man de Gregorio Pérez Rivera acadaría un dos seus momentos máis importantes e notorios.

Comezaría a práctica atlética a fináis dos cincuenta destacando de inmediato nos lanzamentos, motivo polo cal “Don Gregorio” axudaríao a acadar unha beca en Barcelona. Xa nas mans de Rúiz Porras establecería o récord nacional de Martelo en varias ocasións, malia que o salto definitivo de calidade viría no ano 1967 cando marcha a Blume de Madrid.

Instalado na capital de España, e con cambios importantes na sua preparación que virían da man do seu adestrador Jose Luis Torres, chegaría ao seu momento deportivo máis importante no que acadaría o seu millor rexistro con 64.22 m. e que suporían ademáis de récord nacional a mínima para estar nos Xogos de México-68

O dia 16 de Outubro daquel mesmo ano e no círculo de lanzamentos faría un concurso de 60,60 m., 63,40 m. e 62.40 m. sendo gañáda a medalla de ouro polo húngaro Gyula Zsivotzky con 73.46 m.

Jose Luis Martínez sería internacional en 18 ocasións acadando o título de campión de España nos anos 1967 e 1968. O seu clube de sempre sería o San Fernando de Lugo. A nivel profesional adicariase aos negocios dos sectores inmobiliarios e da automoción

Xogos Proba Marca Posto
México-1968 Martelo
63.40 18ºQ (7B)

Curriculum RFEA

Un espacio para la Historia: José Luis Martínez ( de Emilio Navaza)