O atleta galego Gustavo Nieves Campello (82) do Atletics Fisioterapia San Lázaro e pertencente a Federación de Cegos, tomará parte nos Xogos Paralímpicos de Río na proba de Marathon converténdose deste xeito no único representante galego logo da non inclusión finalmente de Maxi Rodríguez (Verxel Nutrición Deportiva) e Francisco Pérez (R.C.Celta).
Para este lucense que adestra as ordes do técnico madrileño Arturo Martín, estos supoñen nada menos que os seus cuartos Xogos logo dos disputados en Sidney-2000, Pekin-2008 e Londres 2012 e na que os resultados máis salientables serían esa cuarta posición na proba dos 5.000 m. na ultima cita olimpica, asi como o quinto lugar nos 10.000 m. en Pekín.
Malia que o seu rexistro de 2.26.47 realizado en Valencia a fináis do pasado ano fanlle afrontar con optimisno esta importante cita, para este atleta nado no ano 1982 en Vilalba pero residente en Vigo, non lle resulta extrano subir a un podium internacional. Proba delo son esas dúas medallas de bronce acadadas en sendos Campionatos Europeos e Mundiáis nas distancias dos 5.000 m. e 10.000 m. respectivamente.
Gustavo que se atopa apurando a preparación estes dias na Blume de Madrid, chegará a villa olimpica o vindeiro dia 12 de setembro para tomar parte na súa proba o 18 de setembro.