24 atletas galegos no Top10 do ranking nacional

Un total de vinte catro atletas galegos (trece homes e once mulleres) figuran no conxunto de probas olímpicas do top-10 no ranking nacional da presente tempada.

Cabe salientar os concursos de lonxitude masculino e xavalina feminino encabezados por Okuto e Parada respectivamente. Solange Pereira nos 1500 m. é outra das que encabeza esta lista.

Por sectores os lanzamentos con dez inclusións dan o maior número de atletas a lista, na que a xavalina volve a reafirmar a importancia e a pegada que ten no noso atletismo con catro atletas colocados entre os dez primeiros do ranking nacional. Os saltos con catro, fondo con tres, medio fondo, relevos e velocidade con dous e valados con un, pechan o raking deste ano.

Posto Atleta Proba Rexistro
Lidia Parada Xavalina 57.34
Solange Pereira 1500 m. 4.08.29
Jean Marie Okutu Lonxitude 8.17
Frank Casañas Disco 65.32
Ana Peleteiro Triple 13.55
Belén Toimil Peso 16.30
Mauro Triana 100 m.l. 10.46
Manuel Uriz Xavalina 71.21
Alfonso Palomanes Triple 15.99
Claudia Rojo 400 m.v. 59.93
Mauro Triana 200 m.l. 21.07
Isaac Vicente Martelo 64.64
Pablo Denis Martelo 64.34
Equipo Ria Ferrol 4×400 3.47.45
Solange Pereira 800 m. 2.06.27
Esther Navarrete 5.000 m. 16.11.85
Esther Navarrete 10.000 m. 34.37.98
Borja Barbeito Xavalina 67.30
Saleta Fernández Altura 1.76
Equipo S.G.Pontevedra 4×400 3.14.63
Felicea Tilea Xavalina 50.02
10º Manuel Hurtado Marathon 2.18.25
10º Victor Gallego Peso 16.39
10º Victor Gallego Disco 53.09

Compartir: