Todo listo para a gran cita atlética do ano

Apenas unhas horas para que de comezo nas pistas de atletismo Josefina Salgado de Pereiro de Aguiar, a edición LXXXIII masculina e XLVIII feminina correspondente ao Campionato de Galicia Absoluto de Aire libre na que se poderá ver a algunhas das figuras galegas do momento.

Os compañeiros da Delegación de Ourense veñen traballando incansablemente durante estes últimos dias para que tanto os aspectos técnicos como loxísticos poidan estar mañá a punto e preparados para que as 10.30 bote a andar esta agardada edición.

Lembramos que nesta Campionato conmemóranse os cen anos do atletismo galego motivo polo cal se desenvolverán unha serie de actos entre as que salientamos a exposición “Un século de 13 Xogos e 25 olímpicos” que fará un repaso pola historia do atletismo galego a través dos seus olímpicos. A maiores cada gañador recibirá unha medalla conmemorativa desta efemérides e na que da mesma maniera, existirá un reparto económico para o Campionato de 6.000 € de premios en metálico.

CIRCULAR

ADMITIDOS

DOSSIER

CADENCIAS

C. CHAMADA

Compartir: