Saltar ao contido
Arquivo

Presentouse hoxe en Ourense o Campionato de Galicia Absoluto

A presentación oficial do Campionato de Galicia que se
desenvolverá en Ourense o sábado dia dazaséis, tería lugar hoxe as once da mañá no Pazo da Deputación de Ourense. A el audirían o Vicepresidente da Deputación Rosendo
Fernández
, o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia Mario Guede, o Xerente do Consello Municipal de Deportes Mario
González
, o Vicerreitor do Campus Universitario de Ourense Virxilio Rodríguez, o asesor de deportes na Deputacón Bernardino
González
. Tamén a Federacion estaría representada tanto polo seu delegado en Ourense, Manuel Blanco como pola do seu Secretario Angel
Fidalgo
.

No acto falaría cada un dos representantes das institucións sinaladas, salientando a importancia que para Ourense supón a celebración destes campionatos. Da mesma maneira indicaron o feito
relevante de tratarse dunha edición na que se conmemorarán os cen anos de Atletismo en Galicia.

Da mesma maneira entregaríase un DOSSIER DO CAMPIONATO a todos os membros da prensa acreditados cas
caracteristicas básicas do evento autonómico

noticias
Compartir