No dia de hoxe tomaría parte a última galega en liza nestes Campionatos de Europa de Atletismo que ao longo dos últimos dias se estarían desenvolvendo na capital holandesa de Amsterdan e que hoxe poñen o punto e peche.
A discípula de Carlos Landin, Solange Pereira tomaría parte na final dos 1500 m. ca difícil misión de achegarse ata ese récord galego que ela mesma posúe con 4.08.
Como era previsible, a carreira resultaría eminentemente táctica e malia que Solange tomaría a cabeza en varios tramos non puido estar neses postos de cabeza ao final que daban acceso ao podium. Como sempre plantexaría unha carreira moi valente e decidida que lle serviría para acadar un posto de finalista na oitava posición e un rexistro de 4.34.88. A proba sería gañada pola Polaca Angelica Chichocka con 4.33.00