Sensacioal a nova que ven dende o CARD de Sierra Nevada onde se está a desenvolver unha proba de control como última oportunidade para apurar esas mínimas de participación cuio prazo de consecución remata hoxe.
A ela precisamente achegábase Jean Marie Okutu recén chegado de Amsterdan para intentar esa mínima de participación olimpica que a RFEA fixa sobre 8.15. A verdade e que se viña presentindo dende fai tempo que en calquer momento podería acontecer “o salto” que catapultase definitivamente a este atleta cara os oito metros longos e na que tan só faltaba ese chisco de sorte que o fixera posible. Pois ben, ese chisco acontecería xusto no límite do tempo para Rio, pero en calquer caso suficinte para estar presente con pleno e merecido dereito na gran cita olimpica.
O seu sensacional salto de 8.17 m. supón ademáis un novo Record Galego Absoluto pulverizando os 8.04 que el mesmo tiña dende o ano pasado e que fan que se sitúe nos top 20 mundial do ano.
Acompañando a Okutu a Rio viaxará o outro galego presente, Fran Casañas en Disco