As baixas lastraron ao Clube Atlética a Silva no seu nacional por clubs

Onte no concello de levantino de Castellón disputaríase o Campionato de España veterano por clubs na que por vez primeira un equipo galego tomaba parte no mesmo. En concreto serí o Clube A Silva de Cerceda quen tería a honra de de tomar parte nesta cita atlética logo de que nas últimas tempadas se viñera reforzando considerablemente incrementando a súa presenza tanto en podiums galegos coma en nacionáis e mesmo internacionáis.

Como xa nos adiantaba o seu presidente José Domínguez Caballero, as ausencias marcarían ó grupo cercedense neste encontro, o que lles obrigaría a deixar ata tres probas sen cubrir. Ao remate, 8ª posición que lles fai perder a 2ª categoría na que estaban encadrados..

O máis destacado a nivel individual correría a cargo do velocista José Manuel Bao gañador dos 100 m.l. e 200 m.l. asi como a do lanzador Carlos Ferrer gañador na proba de martelo.

RESULTADOS

Compartir: