Récord Galego absoluto para Solange Pereira nos 1500 m.

Outra fantástica nova para o atletismo galego acontecería no dia de hoxe durante a desputa do Miting Internacional de d´atletisme Ciutat de Barcelona.

En concreto sería na proba dos 1500 m.l. onde a atleta do Valencia Club de Atletismo Solange Pereira (Portugal, 1989) cun rexistro de 4.08.29 establecería un novo récord galego absoluto femenino que ata ese entón estaba en posesión Eva Arias con 4.08.56 dende o ano 2004.

Non cabe dúbida que o estado de forma polo que esta a pasar a discípula de Carlos Landín pasa por un momento óptimo, que fixo que pasara da súa MMP de 4.10.76 (Huelva 3 de xuño) a este rexistro acadado no dia de hoxe na capital Condal.

Lembramos que a mínima olímpica está en 4.07.00 (algo ben lonxano ata fai ben pouco) pero que a tenor do visto, de seguro que vai a estar loitando a de Cangas. Para elo contará con máis oportunidades para seguir progresando, entre as que salienta ese Campionato de Europa a desenvolver en Amsterdan os dias 6 ó 10 de xullo.

CURRICULUM DEPORTIVO

Compartir: