A Real Federación Española de Atletismo facilitaba no dia de onte a lista de 77 seleccioados que tomarán parte no XXIII Campionato de Europa de Aire libre a desenvolver na cidad holandesa de Amsterdam do 6 ao 10 de xullo.
Nun primeiro momento nesa lista atopábanse un total de cinco atletas galegos asi coma as ausencias de Ana Peleteiro por lesión e de Lidia Parada pòr decisión técnica.
Tería que pasar o Trofeo Alfonso Posada de Atletismo, desenvolto hoxe en Vigo, para que mudaran os criterios de selección e se convocara ao remate oficialmente a discípula de Lardo Moure. Sen lugar a dúbidas esos sensacionáis 57.30 m. acadados determinarían a súa presenza ca selección na cita continental
Estas convocatoria representan un merecido recoñocemento a tempada que están a manter os nosos atletas e que se constitúe coma unha gran oportunidade para rebaixar rexistros e mesmo, nalgúns casos, intentar a mínina olímpica para Rio cuio prazo de consecución remata o último dia do Campionato. Para o atletismo galego, por outra banda, supón unha volta moi importante ao protagonismo internacional mesmo en sectores tan pouco “tradicionáis” coma velocidade
Os seleccioados son: Solange Pereira (1.500 m.), Belen Toimil (Peso), Frank Casañas (Disco), Jean Marie Okutu (Lonxitude) Mauro Triana (Relevos 4×100) e Lidia Parada (Xavalina)