Frank Casañas voa cara os seus quintos Xogos Olímpicos

O atleta galego Frank Casañas (Playas de Castellón) acaba de tomar parte no III G.P. Deputación de Castellón – Memorial Jose Antonio Cansino. Nesta proba o lanzador mandaría o disco no seu segundo intento ata os 65.32 m. que millorarían en 67 centímetros a súa millor marca da tempada (64,65 do 22 de xuño en Valencia) e que o sitúan na segunda posición do ranking nacional que encabeza o bilbaino Lois Maikel Martínez con 66.96 m. efectuados hoxe na mesma proba.
Con este rexistro e da mesma maneira, acada a mínima olímpica para tomar parte nos Xogos de Rio cuio marca estaba en 65.00 m. De confirmase a súa selección estes poderán ser os quintos xogos olímpicos das que as ediccións de Atenas-2000 e Pekin-2004 serían baixo bandeira Cubana, sendo as seguintes edicións as que xa tomaría parte como atleta galego.

CURRICULUM DEPORTIVO

Compartir: