Como non podia ser de outra meneira os nosos dous abendeirados do atletismo veterano volvéronnos demostrar que non existen límites para o deporte.
Sería na proba dos 5000 m. e na que estaban a tomar parte José Vicente Rioseco M-75 do Egovarros de Viveiro e o independente Manuel Rosales M-80, na que ao remate ambos acadarían sendos récords nacionáis.
Jose Vicente cun rexistro de 19.51.90 milloraría o anterior récord de España que casualmente estaba en posesión de Rosales dende o ano 2011 con 21.18.52. Por outra banda o de Marín “compensaría” tal perda, establecendo co su rexistro de 23.35.58 un novo récord de España na categoría M-80