Balance positivo para os tres equipos galegos que tomaron parte no Nacional Infantil por equipos

Os equipos galegos clasificados para a desputa do III Campionato de España Infantil por equipos, xa se atopan de volta logo dun intensísimo fin de semana.

A experiencia, sen dúbida, sería sumamente enriquecedora para estes atletas de 12 e 13 anos na que tanto a viaxe, a convivencia así coma a propia compitición, farían desta cita unha verdadeira fonte de motivación.

A nivel de resultados na categoría masculina o millor equipo clasificado dos galegos sería o Atletismo Vila de Cangas que ocuparía a novena posición con 588,5 puntos, sendo vixésimo primeiro o Millaraio de Santiago con 459 puntos

Na categoría feminina décimo oitavo posto para o Millaraio que acadaría un total de 476 puntos; vixésima terceira posición para o Franciscanos de Lugo con 440 puntos correspondendo a vixésima cuarta posición para o Vila de Cangas con 421 puntos.

(para máis información premer en “ver noticia completa”)

A nivel individual salientamos as actuacións masculinas dos atletas Lope Quinteiro do Vila de Cangas quen gañaría os 1.000 m. cun rexistro de 2.51.18. A maiores a súa participación no concurso de peso proporcionaríalle unha segunda medalla, nesta ocasión de prata, ao mandar a bola ata os 12.67 m. que reafirmaría a súa excelente calidade.

Dani Mato do Millaraio sería outro dos medallistas. O seu lanzamento de 36.34 m. no concurso de xavalina serviríalle para acadar unha excelente medalla de prata rconfirmando o seu nivel tanto nas carreiras coma nos concursos.

Xa a nivel feminino salientamos as actuacións de Ana Piñeiro Piñeiro do Vila de Cangas quen na proba dos 2 km Marcha e cun rexistro de 9.59.93, non só gañaría a proba senón que da mesma maneira, establecería unha nova millor marca galega rebaixando a que ela mesma tiña dende o ano 2015 en máis de quince segundos. Do mesmo xeito o seu rexistro millora o que fixera o ano pasado, convertíndose na millor marca do campionato.

Outra atleta do Vila de Cangas, Ainoa Santos, neste caso no concurso de peso, acadaría unha meritoria segunda posición cun millor lanzamento de 9.46 m.. Igual metal e igual notoriedade para a lucense do Franciscanos, Carmen Victoria González quen lanzaría a xavalina ata os 27.80 m. e cuia marca serviríalle para acadar unha magnífica a medalla de prata.

RESULTADOS

Compartir: