Resultados

Madó González Gonzalez

A Selección Galega de atletismo xa se atopa en Alcobendas onde este sábado desputará o XLI Campionato de España de Federacións Autonómicas.

O Combinado galego acude co dificil reto de millorar esa quinta posición lograda o ano pasado, habida conta das importantes baixas de última hora que por lesión fixeron caerse da lista a nomes tan importantes como os de Ana Peleteiro (triple), Manuel Uriz (xavalina) ou Esther Navarrete (3000 m.l.). Malia elo, Madó González Directora Técnica da F.G.A. salienta “acudimos cun combinado moi competitivo e motivado para afrontar esta cita, na que a mistura de xuventude e veteranía é o máis salientable” Sería na edición do ano 2010 desenvolta en Vigo, onde a Selección colleitaría o seu millor resultado e na que os homes subirían por vez primeira ao podium na terciera posición. Dende entón, as categorías compiten conxuntamente existindo unha única clasificación. Preguntada precisamente a Directora Técnica sobre un pronóstico para este campionato, non aventura ningún resultado, salientando ao respeito “Malia que acudimos con baixas importantes ao que hai que sumar un grandísimo nivel en xeral por parte das demáis seleccións, estou convencida de que faremos un excelente encontro. Vexo unha selección moi motivada cas súas cores”

A nivel xeral os puntos fortes da selección serán sen lugar a dúbidas os concursos nas que a lonxitude de homes e a xabalina de mulleres estarán ben cubertas por Jean Marie Okutu con 7.84 e Lidia Parada con 55.07 respectivamente os cales encabezan por marcas sendos probas. Outra proba importante para os intereses galegos son os 1500 m. femininos onde a presenza de Solange Pereira ca millor marca de todas de 4.10.76, garantiza tranquilidade nesa discipliña. Importantes serán tamén as aportacións dos lanzadores Belén Toimil (peso e disco) e do olimpico Frank Casañas (disco), Alfonso Palomares en triple, Claudia Rojo nos 400 m.v. e Ivo Maseda nos 5000 m. os cales estarán tamén loitando polo podium. Outras bazas importantes serán as de Saleta Fernández en altura xa que os seus 1.83 m.lle dan a cuarta millor marca das participantes. Igual posto tamén para o lucense Miguel González na proba dos 3000 Obstáculos con 8.55.23.

A Selección Catalana, vixente campiona, parte como favorita para acadar o trunfo e ante unha potente aspirante Selección Madrileña que ven moi reforzada para este encontro.

Atletas participantes

Resultados en Directo

Compartir: