Vilagarcía prepárase para a gran cita do atletismo veterano

O sábado dia 18 de Xuño, o Concello de Vilagarcía dará acollida ao Campionato de Galicia de Aire libre veteráno/a que xuntará a preto de 600 participantes na procura de superar retos, motivacións e intereses personáis. O evento desenvolverase en dobre xornada, dando comezo as 11.00 da mañá e poñendo punto e peche sobre as 20.30 horas. A presentación oficial do campionato farase o venres as 12.00 horas no Concello vilagarcián

Dende fai uns anos, estase a notar un medre importante do número de atletas maiores de 35 anos que están a tomar parte por vez primeira nos distintos campionatos de pista. Sen lugar a dúbidas, o espectacular incremento de probas de pedestrismo, asi como o non menos importante, medre do tecido atlético que se está a formar na figura de clubs, está a dar un novo pulo a estas categorías tan importantes para o noso deporte.

Circular do Campionato

Relación de atletas incritos

Récords Galegos Veteranos

Cadencia dos listóns

Compartir: