Na cidade de Cáceres desputábase hoxe a fase de ascenso feminina a 1ª División a que acudÍan os representantes galegos da SGP e do ADAS-Proinor na procura dunha das dúas prazas que daban ascenso a categoría superior. A priori a Sociedad Gimnástica partía como un dos favoritos ao ascenso nun octagonal nas que a do ADAS-Proinor, sendo conscentes das súas limitacións, saían ca ilusión de estar nesa loita polas prazas.
Ao remate sería a Sociedad Gimnástica quen acadaría un fantástico trunfo neste encontro ao sumar un total de un total de 112 puntos, téndose que conformar as do Barco cunha quinta posición e un total de 93 puntos pero dando sensacións de competitividade e de estar na loita polo ascenso en todo momento
O flamante novo equipo de primeira división cimentaría nos concursos a súa victoría, ao impoñerse en Altura (Inés Martín), Disco (Mercedes de Santaló) Xavalina (Angeles Filgueira) e Lonxitude (Paula Martín). Completarían o total de trunfos as atletas Esperanza Caldas e Joselyn Brea nos 100 m.l. e 3000 m.
Por parte do ADAS-Proinor as millores prestacións corresponderían a Leticia Fernández e Paula Pérez gañadoras das probas de 800 m. e martelo respectivamente que deixarían unhas moi boas sensacións a unha formación que acudía por vez primeira na súa historía a esta fase de ascenso