Campionatos, ligas, montaña e pedestrismo para esta fin de semana

Son varios e importantes os focos de actividades atléticas que acontecerán esta fin de semana ao longo de toda a nosa Comunidade. Así os Campionatos de Galicia, as Ligas de Clubs e as probas máis populares de ruta e montaña, coparán boa pare do calendario competitivo federado.

Para comezar contamos ca participación de seis clubes galegos mergullados na última xornada nas súas dintintas fases e grupos da liga nacional e na que tanto Sociedad Gimnástica de Pontevedra (M) como RIA Ferrol (F) faránno na División de Honra. É precisamente esta categoría a que aspiran o Atletismo Feminino Celta e o Real Clube Celta logo de clasificarse para esta fase de ascenso. Nesta 1ª División, tamén contamos ca participación masculina do Clube Atletismo Narón que loitará pola permanencia, compartindo obxectivo cas mulleres do Lucus Caixa Rural Galega . Por último na fase de ascenso á 1ª División contaremos con dous equipos femininos: o ADAS-Proinor e a Sociedad Gimnástica de Pontevedra

Os Campionatos de Galicia tamén ocuparán un espazo de atención importante ca desputa o sábado do galego benxamín, alevín e infantil no Barco de Valdeorras. De igual modo os amantes da montaña terán unha cita importante o domingo 12 ca desputa do Campionato de Galicia de Montaña que coma ben sendo habitual acolle o Concello de Esgos.

Por ultimo salientar as probas de ruta que percorrerán a nosa xeografía e das que tedes cumprida información na páxina web de carreirasgalegas.com, sen esquecernos da “I Milla Universitaria. Trofeo atletismo en pista da USC” que terán coma esciario as pistas de atletismo universitarias da capital galega o sábado dia 11

Compartir: