No dia de hoxe celebrouse a primeira xornada correspondente a desputa dos Xogos do Mediterraneo-sub23 que se están a desputar en Túnez e na que lembramos Galicia, está presente con catro atletas.
O máis salientable deste primeira cita, sería o pase a final de Mauro Triana na final dos 200 m. logo de clasificarse directamente por postos ao ocupar a cuarta praza cun rexistro de 21.31
Carmela Cardama que tomaría parte na final dos 5000 m. lograría a cuarta posición cun tempo de 17.18.84, malia que lonxe desos 16.23.81 que ela mesma ten como millor marca da tempada pasada.
Menos fortuna tería Ana Peleteiro quen tería que abandonar o seu concurso de triple por problemas físicos, logo de facer os seus dous primeiros intentos nulos.
Na xornada de clausura de mañá domingo será o turno tanto para Belén Toimil como para Mauro Triana os cales tomaran parte nas probas de peso e final dos 200 m. respectivamente