O Presidente da Federacion Galega de Atletismso asiste a presentación da Carreira do Peregrino

Onte presentouse en Santiago, no Palacio de Raxoi, a Carreira do Peregrino, integrada por trinta equipos de dez persoas que percorrerán os 800 quilómetros que separan Roncesvalles e a capital de Galicia. Realizarase entre o 19 ao 24 de setembro e está organizada polo Comité Olímpico Español (COE) e impulsada pola Xunta de Galicia. O obxectivo é combinar os valores olímpicos -no 120 aniversario dos primeiros xogos da era moderna- e os do Camiño de Santiago, e farase mediante unha carreira de relevos. O acto estivo presidido polo presidente da Xunta de Galicia, Alberto Nuñez Feijoo e polo presidente do COE, Alejandro Branco. Entre outras persoas, tamén acudiron o Alcalde de Santiago, o Dean da Catedral,o Secretario Xeral para o Deporte, Jose Ramon Lete,o presidente da FGA Isidoro Hornillos , e varis atletas;Pedro Nimo do Ouro, Esther Pedrosa, e Joao Pablo Fernandez. O director da proba será José Luis Agudo (COE). Feijoo, destacou que o Camiño francés, pola que o ano pasado discorreron 172.000 peregrinos, percórreno dous de cada tres camiñantes da ruta xacobea. O Camiño serviu de punto de encontro a viaxeiros de 178 países

Compartir: