Saltar ao contido
Arquivo

2ª Xornada do Campionato de España de Clubes

Este fin de semana desputase a 2ª Xornada do Campionato de Clubes,
División de Honra e Primera División, onde os nosos atletas terán que desprazarse pola xeografía galega, os clubes de División de Honra estarán en Burgos o equipo masculina
da Sociedad Gimnástica de Pontevedra e en mulleres o Ría Ferrol terá que desprazarse a Pamplona.

En Primeira División,as rapazas do Atletismo Femenino Celta viaxarán ata San Sebastián e as do Lucus Caixa Rural a Burgos, en homes o Club Atletismo Narón visisitará terras
aragonesas e o R.C. Celta desprazarase a Moratalaz.

Nas Ligas tamén tomarán parte máis atletas galegos que militan en clubes doutras comunidades como é o caso de Borja Barbeito que participa co su clube o Playas de Castellón,Manuel
Uriz con Fent Cami Mislata, Francisco Michinell co filiar do seu clube o Club Atletismo Narón, e Ivanna Román que fará o mesmo co Ría Ferrol.

Circular

noticias
Compartir