Resultados

Ria Ferrol e Millaraio en cadetes e Gimnástica e Lucus en xunior Campions de Galicia de Clubes

No día de onte viviuse unha fantástica xornada de atletismo nas pistas ferrolanas de A Malata, algo máis de 500 atletas desplazáronse para desputar o Campionato de Galicia de Clubes Cadete- Xunior.

A xornada deixou grandes rexistros para os atletas cadetes quenes obtiveron a mínima para participar no Campionato de España, Martin Oitavel nos 100m valados e Valeria Fernández na Marcha.

Después dunha intensa xornada atlética decidíronse os postos do pódium, en categoría cadete serian as rapazas do Ría Ferrol quenes cun total de 197 puntos as convertirianse en Campionas de Galicia de Clubs, en rapaces seria o Millaraio cun total de 98 puntos os que subirían o alto do pódium .

En Xunior foron as rapazas da Sociedad Gimnástica de Pontevedra con 163 puntos as que acadarón o Campionato, seguidas do Atletismo Femenino Celta con 160 puntos, e do Lucus Caixa Rural 149 puntos, en rapaces os do Lucus Caixa Rural cun total de 266 puntos os que gañarían o Campionato seguidos de preto polo R.C Celta e CA Santiago.

Compartir: