Na mañá de hoxe os marchadores galegos Carmen Escariz e Daniel Chamosa competiron no Campionato do Mundo de Marcha para o que foron seleccionados pola RFEA, ata Roma desprazouse o seu adestrador José A. Pardal para seguir de preto o Campionato.
A primeira en tomar a rúas de Roma sería Carmen Escariz as 9:30 da mañá daría comezo a proba dos 10Km, onde formaría equipo coas marchadoras, Irene Montejo e Marina Peña. A galega finalizou no posto 38 parando o crono en 51:38
As 10:30 Daniel Chamosa xunto con Manuel Benítez e Iván Campos loitarían por acadar un bo posto para o equipo español, finalizarian a proba no 6º posto por equipos. O marchador galego finalizaría no 21º posto da xeral cun rexistro de 43:00.
Foto:Marcha Atlética en Galicia