No día de hoxe catro clubes galegos tomaban parte da primeira xornada do Campionato de España de Primera División. Os atletas galegos tiveron que desprazarse a Oviedo e a Lugo.
As mulleres comezaron a súa andadura no Campionato competindo en terras galegas.O Estadio Gregorio Pérez Rivera, de Lugo, seria a primera cita do camiño para as rapazas do Lucus Caixa Rural, e do Atletismo Femenino Celta, ambas tiñan enfrente o Atletismo Alcorcón que se impuxo na tarde de hoxe en Lugo cun total de 217 puntos, seguidas das galegas do Atletismo Femenino Celta que acabarían 185 puntos,por detrás do Oviedo Atletismo deixando a puntuación en 154 puntos e cuartas as rapazas do equipo local, Lucus Caixa Rural que acadarían un total de 128.
Para o Celta Esther Navarrete gañou a proba de 1500ml cun tempo de 4:33.67,Beatriz Viteri faria o mesmo na pértiga cun rexisto de 3.30cm, Maria José Sanroman imporíase no lanzamento de disco con 35.24cm e Laura Meira na xavalina con 35.27cm.
Os rapaces do R.C Celta e Club Atletismo Narón desprazáronse a capital asturiana para debutar no Campionato onde o Universidad de Oviedo acadaría o primeiro posto cun total de 214 puntos seguidos do R.C. Celta que rematou a xornada na segunda posición cun total de 168.5 puntos, o terceiro posto seria para Atl. San Sebastián con 160.5 puntos e cuartos o Club Atletismo Narón con 141 puntos.
Pablo Modia acadaría o triunfo na lonxitude cun salto de 6.99cm e Anxo Blanco no triplo con 14.44cm, Ignacio Fernández do Celta gañaria no martelo cun lanzamento de 55.54cm, Necho Fernández do Narón faria o mesmo na xavalina deixando o artefacto a 56.37cm, Fernando Paredes e Martin Liste, ambos do Celta farian o memos en peso e disco con rexistros de 13.92cm e 46.73cm respectivamente.Gonzalo Basconcelo do Celta gañaría os 3000 Obstáculos parando o crono 9:24.88,Miguel Pérez do Narón faría o mesmo nos 110m valados cruzando a liña de meta en 14.79s
Resultados Lugo – Lucus Caixa Rural- Atletismo Femenino Celta