O sábado comeza o Campionato de España de Clubes División de Honra e Primeira División. Nesta primeira xornada o Lucus Caixa Rural será o anfitrión do seu encontro en Primeira División Mulleres, onde tomarán partido o Atletismo Femenino Celta, Oviedo Atl. e o Atletismo Alcorcón.
Os rapaces do R.C. Celta e do Club Atletismo Narón viaxarán hasta a capital Asturiana onde se medirán o Universidade de Oviedo e o Atl. San Sebastián.
En División de Honra, o encontro onde participan as rapazas do Ria Ferrol desputarase en Valladolid onde se medirán o A.D.Marathón,Atl San Sebastián, e o CA Valladolid- U.Va, pola sua banda os rapaces da Sociedad Gimnástica de Pontevedra viaxan a Alcobendas para participar nesta primeira xornada conde se medirán o A.D.Marathon, Unicaja Atletismo e Vino Toro Crural Softoro.
Inscritos Sociedad Gimnástica- Encontro Alcobendas – División de Honra
Inscritos Ria Ferrol – Encontro Valladolid – Division de Honra
Inscritos R.C. Celta- Club Atletismo Narón- Encontro Oviedo – 1ª División
Inscritos Lucus Caixa Rural- Atletismo Femenino Celta – Encontro Lugo- 1ª División