Esta primeira fase das axudas ten como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016 e está dotada inicialmente con 120.000 euros aínda que se prevé a posibilidade de ampliar o crédito en función dos deportistas clasificados.
A actuación enmárcase no habitual plan de axudas á preparación dos Deportistas Galegos de Alto Nivel e, nesta primeira fase, terá como beneficiarios/as aos/ás deportistas galegos/as que acaden a clasificación para os Xogos Olímpicos/Paralímpicos de Río 2016
A segunda fase, que se convocará tamén neste exercicio 2016, estará destinada a todos/as os/as deportistas galegos/as de Alto Nivel recoñecidos como tal pola Secretaría Xeral para o Deporte que non se clasificaran para os XXOO/XXPP
En total, a Fundación destinará neste 2016 ás axudas a deportistas galegos de alto nivel 360.000 euros