O vindeiro domingo 10 de Abril a localidade coruñesa de Sada acolle por segundo ano consecutivo o Campionato de Galicia de Milla en Ruta e de 1Km.
O circuito está homologado pola FGA con saida e a meta estarán situadas na Casa da Cultura , Pintor Llorens. As probas darán comezo as 10h , e a entrega de premios as 13:30h.
Entre os atletas máis destacados encontrase Victor Rioboo, quen xa foi medallista nun Campionato de España da especialidade, Fernando Vales e Pedro Ossorio son outros dos candidatos nas súas respectivas categorias. En Mulleres as favoritas son, Eva Cid en categoria Promesa, Elba Velez en Xuvenil, Laura Santos en Xunior e Sandra Mosquera na categoria Absoluta.