No primeiro día de competición do Campionato de Europa Indoor de Veterans que se está a desputar na cidade italiana de Ancona, os atletas galegos desputaron as súas respectivas series de 60ml, o máis destacado foi Luis Campos quen gañaría a súa serie cun tempo de 7.76 e acabaría no 11º posto no cómputo global da mesma, pola súa parte José Santamaría acadando o 7º posto na súa serie cun tempo de 9.31 e o 24º na xeral, e Jose Dario Nunez 7º na súa serie cun tempo de 8.18, en María de los Ángeles Rodríguez participaría no lanzamento de xavalina acabando no 7º posto un rexistro de 21.18 cm.
No segundo día foi o turno de Emilia Mesa quen competiu no lanzamento acabando no 6º posto cun rexistro de 9.74 cm, e Maria de los Ángeles Rodríguez participou no 3000ml acadando o 8º posto e un tempo de 14:03.43.
No terceiro día os atletas masculinos galegos finalizan a súa participación no Campionato tras finalizar a proba do 200ml , Jose Santamaría na súa serie obtería o 5º posto con 32.80, Jose Dario Nunes acabaría 5º na súa serie cun tempo de 26.75, ambos os atletas non pasarían de rolda, non así Luís Campos quen na primeira rolda fixo un tempo de 25.66 e clasificaríase para semifinais