Resultados en directo

5 galegos participaran no Campionato de Europa Indoor en Ancona

Na cidade italiana de Ancona desenvolverase entre os días 29 de Marzo e 3 de Abril o Campionato de Europa de Veteranos en Pista Cuberta.

Galicia estará representada por cinco atletas, tres homes e dúas mulleres, como cabeza de cartel da expedición galega está Emilia Mesa, atleta do Club Ourense Atletismo ,vixente Campiona de Europa Indoor en Lanzamento de Xavalina, tomará parte das probas de lonxitude, peso e xavalina en categoría F60, Maria dos Ángeles Rodríguez competirá nas probas de 3000ml, altura, xavalina e cross en categoría F55, os tres representantes masculinos galegos participarán nas probas de 60 e 200cml das súas respectivas categorías, así José Santamaría do Barbanza farao en M65, Luís Campos do Marineda Atlético en M50 e José Darío Nuñez do Atlética A Silva en categoría M45

Compartir: