No día de onte tivo lugar a xuntanza da comisión encargada de elexir os mellores atletas para as distintas premiacións que terán lugar na Gala Anual do Atletismo Galego, en total haberá seis distincións: Mellor atleta sub 23 masculino e femenino, Mellor atleta absoluto masculino e femenino e Mellor Atleta veterán masculino e femenino. A Comisión estivo formada por un representante de cada provincia, persoas moi vencelladas ao atletismo galego, pola provincia da Coruña participou Carlos Tuñas, pola provincia de Lugo Felipe Barata, pola de Ourense Eladio Gómez e por Pontevedra Óscar Fernández. O fallo do xurado darase a coñecer na Gala, ata o momento xa confirmaron a presenza máis de 100 atletas de toda Galicia. A Gala do Atletismo Galego culmina a tempada e recoñece o esforzo de todos os estamentos en pro do atletismo galego.