O atleta da Sociedade Ximnástica, Santiago Ferrer Moreira atópase estes días en León dirixindo unha Concentración do Atletismo, dentro do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva.
O adestrador da Sociedade Ximnástica tutelará a preto de 40 atletas das especialidades de valos, lanzamentos, medio fondo, fondo e obstáculos; coordinando o traballo xunto con 8 adestradores tamén convocados a León, ademais de médicos e fisioterapeuta.
Santi xa leva anos dirixindo este tipo de concentracións, un labor moi ben valorado polos responsables da Federación nacional.
O Plan Nacional de Tecnificación, está dirixido a atletas xuvenís e cadetes, en período de formación, que poden chegar á elite do atletismo nacional e formar parte das diferentes seleccións nacionais.