Este fin de semana disputouse en Antequera o Campionato de España de Veterans, 80 galegos desprazáronse para participar entre os días 18-20 de Marzo á cidade malagueña, cun cómputo no medalleiro de 37 metais, foron 6 ouros, 5 pratas e 4 bronces en homes sumando un total de 15 metais para eles, en mulleres 6 ouros, 11 pratas e 5 bronces, facendo un total de 22 medallas para as mulleres.
Un magnífico resultado para os veteranos da comunidade galega que ano tras ano seguen acadando grandes resultados nos Campionatos Nacionais.