Conta atrás para o V Maratón Coruña 42, coa vista posta nos 42.195m presentamos oficialmente o percorrido da carreira, con saída no Cantón Grande e entrada maxistral na Praza Consistorial de María Pita.
Os valentes atletas tratarán de alcanzar a fazaña de Filípides en terras de Hércules, correndo polas rúas da cidade de cristal os
populares e os federados que participan no Campionato de Galicia nun entorno idílico onde as condicións do asfalto e o escaso desnivel, xunto coa beleza do seu percorrido
fan que o circuíto de Coruña 42 teña un atractivo engadido.
Paralelamente realizarase unha proba de 10 Km que contará coa participación do dobre Campión do Mundo de Maratón Abel Antón, atleta cun historial impoluto que ven disposto a gozar da beleza do percorrido e da súa rapidez.