Galegos que participan no Campionato de España Absoluto en Pista Cuberta

O recentemente estreado centro deportivo municipal de Gallur, albergará este fin de semana, 5-6 de Marzo o Campionato de España Absoluto de Atletismo en Pista Cuberta, competición que contará coa participación de 24 atletas galegos, entre os que destacan Belén Toimil, Ana Peleteiro, Saleta Fernández, Solange Pereira, Mauro Triana, Jean Marie Okutu.

Teresa Rodriguez competirá no 60ml, Eugenia Gil e Paula Iglesias no 400ml con serias opcións a loitar polas medallas, no 800 Ángela González, no 1500 Solange Pereira, Leticia Fernández e Marta Casanova , no 60 m valos Emma Valencia e repite Teresa Rodríguez, no salto de altura Saleta Fernández con moitas opcións de medalla, en pértega Raquel Cosme, Leticia Gil e Iria Forjan participarán na lonxitude, Ana Peleteiro fará o mesmo no triplo en busca de metal, e Belén Toimil participará no lanzamento de Peso, con moitas opcións de levar novamente o metal. En homes Galicia estará representada por Javier Cancela no 60 lisos, Mauro Triana candidato ao título e Sergio Rodríguez no 200, nos 60 valos os atletas do Lucus Miguel Pérez e Iago Nuñez , na lonxitude Jean Marie Okutu con serias opcións de metal, no triplo salto estarán Alfonso Palomanes e Anxo Branco, este último vén de realizar un fantástico papel en San Sebastián, e en lanzamento de Peso Víctor Galego.

Compartir: