Arquivo
Esta Maña presentouse o Campionato de Galicia de Campo a Traves de Veterans
 Na presentación do evento, celebrada este mediodía no Concello de Fene,
Na presentación do evento, celebrada este mediodía no Concello de Fene,o concelleiro de Deportes, Xoán Manuel Bastida, amosou o seu desexo de “recuperar Fene para o atletismo”. Acompañado polo representante da Delegación de Ferrol da FGA,
Paulino Cartelle, e polos directivos do Club de Atletismo Fene, Antonio Rodríguez (presidente) e Marcelino Rodriguez (vicepresidente), Bastida afirmou que “nesta nova época temos intención de
ofrecernos voluntarios para todo tipo de competicións que nos poida conceder a Federación Galega de Atletismo”. O edil lembrou que “Fene ten historia no mundo do
atletismo, non en van, a mediados dos anos 80, celebrouse en Belelle un dos Campionatos de España de Cross”.
O I Campionato Galego de campo a través de veteráns “Concello de Fene” comezará este domingo ás 11 da mañá. A proba desenvolverase nun circuito de 1.200 metros,
habilitado nunha zona verde próxima ao paseo marítimo de San Valentín. Segundo explicou o vicepresidente do Club de Atletismo Fene, Marcelo Rodríguez, “trátase dun cirtuito chan aínda que conta
cunha zona (a que transcorre paralela á praia) que, seguramente, resultará algo máis pesada para os corredores pola cantidade de lama que ten”. En canto ao número de corredores/as que
poderían tomar parte no evento, o representante da delegación de Ferrol da FGA, Paulino Cartelle, afirmou que “a participación estimada ronda os 300 corredores/as”. Entre os/as atletas que
transmitiron o seu desexo de participar na proba, salientan nomes como Hassan Lekhili, Akka Essadaoui, José Luis Bouza, Rafa Fuentes, José González Bañobre ou as atletas Esther Pedrosa e Soledad
Castro.

noticias