As xuvenís e junior feminino foron campioas de España por autonomías quedando Leyre Aramburu subcampeona de España xuvenil e Carmen Escariz Mella igual en categoría junior. Con
Carmen Fuentes 6ª enorme na súa despedida da selección así como a boa actuación de Antía Chamosa 8ª e Noa Ramírez Carballo.
– Os cadetes masculino foron subcampións de España por autonomías a tan só 1 punto do primeiro. Con Rober Vieiro quinto loitando polo bronce ata o final. Marcos
Burgo décimo saíndose con marca persoal, Alex Novás noveno, Miguel A. Sánchez 20º e mellorando a marca e Elio Buelta 24º.
– Os xuvenís e junior homes foron terceiros, bronce, por federacións autonómicas grazas á boa actuación de Brais Prieto, Emilio Novás e Hector Rodriguez, que mellorou a súa marca
pese o forte vento. Unha mágoa a baixa de Daniel Chamosa que daría a segunda praza pero cumpriu como asistente estupendamente.
– As cadetes foron novenas pero co susto de Iria Rivas o que menos importa é o resultado… Valeria Fernández cumpriu, así como Celia Carracedo, Vanessa
Blanco e Clara Diaz. Tres debutantes de cinco, moitísimo futuro por diante. No cómputo global, sen resultado oficial, Galicia foi primera xuntando as diferentes
categorías.
Importante dar o parabén aos seus adestradores como Jose A. Pardal que estivo aí ao pé do canón. Felipe Barata, José Peña, Nani, Paulino, Adán G. Fábregas, Marcos Carracedo e Pepe
Moure.
Gran traballo de Vanesa Varela e Samantha Mulloni na súa tarefa de técnicos/auxiliares/delegadas. E tamén dos pais que nos acompañaron, que axudaron como
sempre.Sen esquecerme de atletas galegos e acompañantes da expedición como Débora Pato séptima promesa (MMP), Conchy Campos subcampiona de España en 10km. As xuvenís Paula Villaverde (ADAS), Marta
Suárez (Cuntis) e a junior Casiana S. Zaharia (Cuntis).Para rematar felicitar a todos os marchadores galegos que competiron en Motril como Manu Angueira sexto M40, Mar Chillón quinta de España
promesa e Teresa Elena Corbal octava e o seu excelente adestrador Juan Ramilo. E outros como os dos 50km Christian Curopos 11º absoluto e segundo e novo record galego promesa na distancia. O gran
atleta Francisco Jose Durán ao que lle faltou un pouco de sorte ao final, tendo que retirarse por problemas estomacais a falta de 6km sendo quinto de España e para 4h. Igual que a Rodrigo Domínguez
(galego de nacemento afincado fora). Ou outros como Eugenia Gandoy 13ª senior e 19ª absoluta nos 20km feminino
Parabéns
Carlos Morales