O venres 26 de Febreiro as 19h na sala Juanjo Gallo da Deputación da Coruña celebrarase a Gala do III Circuito Provincial de Carreiras Populares da Deputación de A Coruña. O acto está invitados os 25 Concellos Organizadores.: Frades, O Pino, Outes,Dodro, Cerceda, Tordoia, Culleredo, Carballo, Cee, Ponteceso, Santiago, Ares, Mugardos, Cambre, Noia, A Pobra, Ferrol, Valdoviño, Cabana de Bergantiños, Ribeira, A Coruña, Sada,Ames, Rianxo, Negreira.
O Circuito deu comezo no mes de Maio coa III Carreira Pedestre Popular Concello de Frades e finalizou no mes de novembro coa XXXVI Carreira Popular de Negreira, cun cómputo global de 15523 participantes nas 25 citas pedestres desta III Edición do Circuito.
Na clasificación final do III Circuito de Carreiras Populares Deputación de A Coruña os gañadores na categoría absoluta corresponderían para Abdelkader Bouguerroudj do Atletismo Sada cun total de 135 puntos e para Eusebia Maldonado, atleta independente que obtería un total de 136 puntos, ambolos atletas acadarían tamén o primeiro posto na categoría de Veterans 1. Na categoría de Veterans 2 os gañadores foron Jose A. Abuin con 64 puntos e Inés Papin con 112 puntos, ambos atletas do Club Atletismo Sada, en Veterans 3 imporíase José Suárez do Boimorto con 147 puntos e Elisa Paz con 57 puntos, en Veterans 4 Domingo Álvarez atleta independiente con 110 puntos e Pilar Marquiz do Club Atletismo Sada con 90 puntos, en categoría Promesa o escalafón máis alto do pódium correspondeu para Adrian Iglesisas do San Paio con 88 puntos e Aida Bao con 25 puntos, na categoría Xunior Moisés Del Puerto do Noitebra con 50 puntos e Carla Penabad Independiente, con 20 puntos conseguirían facerse co triunfo, en Xuvenil Borja Castro de O Pino e Andrea Cancela de A Silva, 172 e 166 puntos respectivamente foron os vencedores, xa en categoría Cadete Javier Rodríguez do Olimpia e Ana García Carballo imporianse cun total de 158 e 179 puntos na xeral da categoría,en Infantis Daniel Mato do Millaraio e Marta Vilas do Riazor farianse con triunfo cun total de 150 e 174 puntos respectivamente. En categoría Alevin Sergio Soto do Fogar con 129 puntos e Deki Mato do Millaraio con 150 puntos,e nos máis novos, categoría Benxamin os vencedores serian Yago Iglesias atleta independiente cun total de 154 puntos e Sofi Dodman do Fontes do Sar con 117 puntos.
No cómpito global os clubes gañadores foron Atletismo Sar en categoria absoluta masculina con 3232 puntos e Club Atletismo Sada en mulleres cun total de 3480 puntos, en categoría menor o vencedor masculino seria o Millaraio cun total de 3446 puntos e en mulleres o Fontes do Sar cun total de 4991 puntos.