Resultados

Resumo da primeira xornada do Campionato de España Promesa

Anxo Blanco, atleta do Coruña Comarca proclamase Subcampeón de España en Triple Salto cun salto de 15.15cm, no salto con pértiga Miguel Cajaraville do RC Celta acaba 8º cun salto de 4.56cm, nos 200ml Jon Johnn Alonso non consigue colarse na final, cousa que si fai Mauro Triana gañando a súa serie cun tempo de 22.16, nos 400mml femeninos, Laura Costas do Ría Ferrol gañou a súa serie cun tempo de 57.77 e entrou por postos na final, Eugenia Gil, do Marineda Atlético acabou segunda na súa serie cun tempo de 56.70 e entrou por tempos na final, Antia Pérez do Atletismo Femenino Celta acabou 5ª na súa serie de 60mv cun tempo de 9.50, Carol Pardo do Ría Ferrol parou o tempo en 4.53.45 no 1500ml entrando de segunda na súa serie,Eva Cid do Comesaña Sporting Club acabou 4ª na súa serie e clasificouse para a final por tempos 4.52.81, no 800ml masculino Alberto Guerrero gañou a súa serie cun tempo de 1:53.93, clasificándose de maneira para a final, non tiveron a mesma sorte Miguel Otero do RC Celta que correu na mesma serie acabando no 6º posto cun tempo de 1:57.59, Fernando Vales do CA Santiago cun tempo 1:55.02 e José María Díaz do Lugo Running cun tempo de 1:58.08, 5º e 6º respectivamente na súa serie. Na final dos 3000ml Gonzalo Basconcelo do RC Celta acadou a 15º posición cun tempo de 8:44.91

Compartir: