En Badalona participaron Manu Angueira e Christian Curopos onte domingo 7 de Febreiro,este último na súa terra natal,nos 20km Marcha do Gran Premio Cidade de Badalona, quedando campión promesa e segundo absoluto, só superado polo gran Mikel Odriozola,mellorou a súa marca persoal ata 1h 33 58. Unha primeira toma de contacto para os campionatos de España de Motril e Cáceres. Parabéns.