Un récord galego, tres dobretes e un 1.500 feminino de moito nivel con tres mínimas para o campionato de España absoluto de pista cuberta representan a mellor colleita do galego baixo teito celebrado ao longo da xornada de onte en Riazor.A plusmarca galega levou a firma de Teresa Rodríguez Miguélez, do Riazor, que marcou un tempo de 7.46 para gañar os 50 metros valas. A coruñesa rebaixou en dúas centésimas o rexistro anterior de Virginia Villar, conseguido tres anos atrás no mesmo escenario O crono tamén é mínima para o nacional (ir a noticia completa)
En categoría masculina, o triunfo foi para José Tomás Lozano do Riazor Coruña. A proba de máis nivel do certame foi a do 1.500 feminino con Solange Pereira, a actual campiona de España, á cabeza, pero con Leticia Fernández (tudense do ADAS Valdeorras) e Sandra Mosquera asinando un podio que conduce directamente ao nacional baixo teito. A Canguesa gañou cun rexistro de 4m 22s 65c, sacándolle tres segundos á súa inmediata perseguidora. Solange Pereira ten como principal obxectivo da tempada conseguir a mínima (4m 6s) para vivir o seu primeiro milqui olímpico. O excelente nivel do 1.500 feminino tivo réplica ademais nas carreiras de júnior e xuvenil, onde Elba Velez, da atlética lucense, entrando en quinto lugar obtivo o titulo xuvenil cun rexistro de 4.48.12, superando á campiona junior, Laura Santos o que significa un pasaporte para o futuro. Solange gañou tamén os 800 metros do certame autonómico, protagonizando un dos tres dobretes da xornada. Nunha loita emocionantisima, durante as cinco voltas a pista, conseguiu impoñerse a Leticia Fernández, por menos dun segundo. Os outros dous dobretes foron masculinos con Alfonso Palomanes impoñéndose no triplo salto e na lonxitude, e con Víctor Rioboo gañando o 1.500 e o 800 masculinos. O pontevedrés gañou na pista cun segundo de marxe sobre o vigués Gonzalo Basconcelo na distancia máis longa, tras unha emocionante proba na que foron man a man ata a última volta. Victor parou en crono en 3.58.08 que constitúe ademas un novo record na categoría M35. Nos 800 metros mantivo un man a man co céltico Miguel Otero, que se tivo que conformar coa prata. Victor Gallego logrou un novo record M35 co seu rexistro de 1.57.33 Palomanes, pola súa banda, tivo que pelexar o salto de lonxitude co lucense Pablo Modia, ao que gañou por catro centímetros, sendo a súa marca final de 6,94 obtida no seu último salto. En Triplo tivo un concurso moi plácido, onde venceu con 15,20 metros que é mínima para o nacional.A maiores, destaca a marca de 5,90 metros da valdeorresa Leticia Gil na lonxitude feminina, superando a Iria Forján (Barbanza) nun atractivo concurso. A atleta do ADAS tamén conseguiu o pasaporte para o campionato de España. A velocidade, que entrou con forza no atletismo galego, foi outro dos focos de atención, con Mauro Triana, a principal esperanza, marcando un crono de 6 segundos exactos nos 50 metros, quedándose ás portas do récord de Jean Marie Okutu (5s 90c). As outras dúas medallas estiveron máis disputadas, indo a prata a mans de Javier Cancelas, por un soa centésima. Denis Galán, actual plusmarquista dos 100 metros ao aire libre, tivo que contentarse cunha quinta praza.Na proba dos 200 o titulo masculino foi a parar a outro dos atletas da canteira do Coruña Comarca, Sergio Rodríguez, mentres que na proba feminina saltou a sorpresa. Man a man entre as novísimas atletas Andrea Pais do Feminino Celta e Miriam Oter0, do Naron, ambas as en categoría xuvenil. Andrea impúxose por unha centésima logrando o título absoluto.Outra das probas estrallas a priori era a dos 400 metrso femininos, nas que estaban inscritas as mellores especialistas da actualidade. A final foi a esperada, con Paula Iglesias, Candela Diaz e Eugenia Gil, na liña de saída. Paula pagou o esforzo inicial véndose superada finalmente por Candela Diaz e Eugenia Gil, ouro e prata respectivamente, separadas unicamente por dúas centésimas. En homes Enrique Prego non deu opción aos seus rivais impoñéndose claramente cunha marca de 50.19.Terminando coas carreiras temos que falar dunha moi igualada proba de 3000 m homes, con todos os participantes con marcas acreditadas moi parecidas. As posicións fóronse dilucidando para terminar cunha loita entre Jorge Puig da SGP e Tariku Novales, que chegaron nesta orde a meta.Na proba feminina unha recuperada para o atletismo galego Eva Arias, impuxo a súa clase, non sen dificultade. Tras a súa man a amano coa atleta do Comesaña Sandra Mosquera, logrou o titulo cunha marca de 9.54.42, novo record galego F35. O tempo da segunda clasificada 3.55.18, a menos dun segundo da gañadora. En Triplo cómodo triunfo de Tania Valverde, do Feminino Celta. Un salto de 11,26 no último intento valeulle subirse ao primeiro banzo do podio.Repasamos o resto de probas de concursos, tamén con duelos e marcas importantes.David Barreira, da AD Maratón violvió a superar os 2.00 en altura para alzarse con comodidade co seu enésimo título de campión galego.O título en mulleres estivo máis rifado., caendo ao final de lado da coruñesa Paula Iglesias, que supero os 1,64 no seu primeiro intento, altura coa que non puido Sara Piñeiro, que tivo que conformarse co subcampeonato e unha marca de 1,62.Tambien houbo loita polo titulo na pértega homes. Santiago Ferrer e Sergio Telleria mostráronse moi superiores ao resto de competidores. O atleta da gimnastica lograria o ouro superando o liston en 4,57, altura á que pasou Sergio Telleria, pero cuxa táctica só valeulle para conseguir finalmente o segundo posto cunha marca de 4.52. Beatriz Viteri segue demostrabdo que non ten rival. Pronto quedou soa na o aproba de pértega. Loitando contra se mesma obtivo o ouro cun salto de 3,40.Deixamos para o final a dous dos atletas máis emblemáticos, os gañadores da proba de Peso.Victor Gallego intratable, con todos o seu lanzamento por encima dos 15 metros. O mellor dos seus intentos seria o quinto onde lanzou o peso de 7,260 kg ata os 16,28 metros. As mesmas palabras serven para destacar a actuación de Belén Tuimil, unha das figuras do atletismo galego a anivel nacional. Valéronlle os 15.00 metros do seu terceiro intento para gañar a proba.Nas categorías de formación, que tamén estaban dentro do concurso, conseguíronse un bo puñado de mínimas para os respectivos campionatos que agora van comezar a disputarse. Unha delas, en categoría xuvenil, asinouna Andrea Pais nos 200 metros.