Carlos Morales novo responsable do sector de marcha da Federación Galega de Atletismo

Carlos Morales Velasco foi designado pola Directora Técnica da FGA como novo responsable galego de marcha atlética e, a súa vez Director da Escola Galega de Marcha da FGA e Diputación de Pontevedra. Carlos intégrase así no Comité Técnico da FGA..
O nomeamento responde á baixa voluntaria solicitada polo anterior responsable Óscar Fernández, a quen a Federación Galega de Atletismo lle agradece os servizos prestados. Carlos Morales acumula vinte anos de experiencia de adestramento como marchador, dez como técnico no sector deportivo, compaxinando traballo con cursos e estudos relacionados como Técnico Superior, Licenciatura e Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, da Universidade de Vigo, na que aínda estuda. Nos últimos anos xa como adestrador de atletismo e en especial de marcha, colaborando activamente co sector e a Escola Galega de Marcha. Estivo con todos os anteriores responsables e adestradores do sector desde neno como atleta a xa senior colaborando. Actualmente traballa no Colexio Compañía de María de Santiago, levando o clube de atletismo que creou recentemente.
Desexámoslle sorte e que a súa ilusión, motivación e ganas véxanse reflectidas nos marchadores galegos e a promoción deste importante sector, que sempre cultivou éxitos para Galicia.

Compartir: