Probas importantes do calendario galego de carreiras populares este fin de semana coa Carreira Vigo + 11 ” Trofeo O Corte Inglés”, Carreira Popular dos Santiños no Barco, Carreira Solidaria Ferrol Corre e a Carreira Popular de Negreira. En Vigo máis de 1200 atletas déronse cita na proba, carreira de nivel na que venceron Manuel Hurtado con 33.56, seguido de Akka Essaadaoui con 34.13 e Daniel Bargiela con 34.30 e en mulleres Solange Pereira con 30.02 seguida moi preto de Sandra Mosquera con 39.12 e terceira posición para María Jesús Gestido con 40.34.En Negreira gran nivel da carreira en especial en homes con vitoria de Michel Bett con 29.00, en mulleres vitoria para Vitalyne Jemaiyo con 34.15, segunda Claudia Pereira con 34.19 e terceira a atleta da Gimnástica de Pontevedra Joselyn Daniely Brea con 35.25. En Ferrol Sergio Piñón foi o primeiro atleta en cruzar a meta dominando a proba con claridade mentres que en categoría feminina sería Luz Cercido. En O Barco a atleta local Eva Arias do ADAS foi a gañadora na Carreira dos Santiños e en homes Eduardo Valcarce.