Campionato de Galicia de Medio Maratón

O Concello de Petin albergará o vindeiro domingo 20 de setembro o Campionato de Galicia junior, promesa, absoluto e veterano de media maratón conxuntamente coa VI Media Maratón Vila de Petin. A proba dará comezo ás 11 da mañá con saída na Praza de Petín e transcorre polos Concellos de Petin, A Rua e Villamartin de Valdeorras. A organización lembra a obrigatoriedade de pasar por cámara de chamadas e que o tempo máximo queda fixado en 2 horas 50 minutos. Circuíto esixente e cunha ampla participación de atletas veteranos destacando na categoria feminina atletas do Comesaña como Soledad Castro e Iria Fernández. inscritos

Compartir: