Nas finais do Campionato do Mundo Xuvenil que se disputou na cidade colombiana de Cali, tres das nosas mellores promesas no fondo galego Miguel González, Tariku Novales e Adrián Ben lograron unha actuación destacada despois de clasificarse para a final de 3000 metros e 2000 obstáculos. Adrian Ben actúal Campión de España foi sexto cunha sensacional marca de 5.45.59 que e novo record galego da categoria nos 2000 obstaculos loitando ata o final por acadar un bo posto. Nos 3000 o atleta do Atletismo Noia Tariku Novales no posto duodécimo con 8.40.88 e xusto por detrás entrou Miguel González do Lucus con 8.46.37 nunha carreira dominada polos atletas africanos. Parabens aos tres, aos seus adestradores e a Antia Chamosa na sua participación nunha competición internacional coa selección española.