Tariku Novales e Miguel González logran pasar a final do Campionato do Mundo Xuvenil que se está a celebrar en Cali. Na primeira das serie de 3000 metros o atleta do Atletismo Noia, Tariku Novales clasificouse por tempos con 8.30.77 chegando en sexto lugar na súa serie, a continuación logrou a clasificación Miguel González do Lucus cun tempo de 8.35.11. Resultado sensacional para os dous atletas galegos que van disputar a final o domingo 19 de xullo.
Foto Facebook Tariku Novales